• Foto 1
  • Foto 2
  • Foto 3
  • Foto 4
  • Foto 5
  • Foto 6

EMPRESA

A Empresa e a Súa Hstoria

Ampliar

OS COMEZOS

Corría o ano 1941 cando D. Cándido Piñeiro e Dª. Carmen Durán fundan a empresa Autos Cándido adquirindo un camión e dedicándose ao transporte de mercancías. Un ano despois transforman éste camión nun vehículo mixto para así dedicalo ao transporte de persoas pasaxeiras e mercancías. Poucos anos despois a empresa xa contaba con tres vehículos e dedicábanse especialmente ao servizo de feiras, tendo 29 feiras autorizadas ao mes.

En novembro de 1954 desgraciadamente falece D. Cándido Piñeiro, facéndose cargo da empresa a súa esposa Dª. Carmen e foi entón cando a empresa pasou a denominarse Autos Vda. de Cándido.

Carmen, ademais de quedar ao cargo de catro nenos, collería as rendas do negocio dada a experiencia que adquiriría á beira do seu esposo, xa que mentres que éste conducía os vehículos, ela encargábase do cobro e despacho de billetes, ademais da administración dunha frota, para aqueles anos moi importante, de tres autocares.

Durante 21 duros anos, Carmen dirixiu a súa empresa e rexentou una froitería fundada por ela no ano 1968, que instalou no garaxe onde estaban os autocares, para así poder controlar os dous negocios.

Ampliar

NA ACTUALIDADE

Manuel Piñeiro, o seu actual propietario e fillo dos fundadores, colles as rendas da empresa no ano 1975. Por aquel entón a empresa non se atopaba en moi boa situación e dispoñía de tan só 1 vehículo.

Éste mozo emprendedor pon todo o seu esforzo e empeño en refrotar a empresa familiar, apostando xunto coa súa esposa, Dª Carmen Villalustre en crear un novo concepto de transporte de persoas viaxeiras en autocar, co cal deciden innovar e destacar cos vehículos que adquiren, sendo sempre punteiros tanto en comodidade como en seguridade a nivel nacional e europeo.

Hoxe en día, a empresa conta con 8 vehículos, de 13 a 61 prazas, cun concepto diferente ao que acostumanos a ver, coas máis prestixiosas carrocerías e chasis, dotados das últimas tecnoloxías, confort e seguridade, ademais de dispoñer de vehículos adaptados para persoas con movilidade reducida e para persoas invidentes.

Dende o ano 2007, a empresa vénse certificando nas normas I.S.O. 9001 de calidade, I.S.O. 14001 de medio ambiente e na U.N.E. 13816 de transporte de persoas viaxeiras.