• Foto 1
  • Foto 2
  • Foto 3
  • Foto 4
  • Foto 5
  • Foto 6

INFORMACIÓN Ó USUARIO

Calidade e Medio Ambiente

POLÍTICA DE CALIDADE E MEDIO AMBIENTE

AUTOCARES VDA. CANDIDO, S.L. cuia actividade é o transporte de viaxeiros / as en autocar, tanto en servizos discrecionais como transporte de escolares e empregados / as, avalada polo traballo dos / as seus / súas socios / as durante anos, esfórzase en fomentar a innovación, co fin de ser unha empresa máis competitiva que nos permita responder ás necesidades xeradas pola nosa clientela a través dunha avaliación e seguimento dos nosos procedementos de calidade e medio ambiente.

AUTOCARES VDA. CANDIDO, S.L. establecemos un sistema de xestión integrado co fin de mellorar tanto en materia de calidade como de medio ambiente. Para acadar este fin, tomamos como base os criterios de satisfacción da clientela, que inclúe a mellora contínua dos nosos servizos e o respecto ao medio ambiente 

Para cumprir con esta política, en AUTOCARES VDA CANDIDO, marcamos e asumimos as seguintes directrices

• Realizar un servizo rápido e eficaz cumprindo os compromisos acordados coa clientela

• Un mantemento axeitado da nosa frota de vehículos

• Aumentar o rendemento e eficacia xeral da nosa organización, baseándose nunha xestión por procesos, o que nos permite xestionar as nosas actividades e os nosos recursos, a un tempo que controlamos as incidencias que se producen en cada un dos procesos

• Organizar  e conseguir o control contínuo dos nosos procesos de xestión tanto de calidade como medio ambiental

• Fomentar a mellora contínua e a prevención de contaminación dentro dos nosos procesos

• Mellorar a xestión dos nosos recursos (medios e materias empregados) e residuos.


AUTOCARES VDA. CANDIDO S.L. está comprometida co cumprimento da lexislación e regulamentación tanto en materia medioambiental como do noso sector, cos requisitos internos e da nosa clientela.

Así mesmo, a nosa organización comprométese a mellorar de forma contínua a eficacia do noso sistema. Isto implica a nosa anticipación á presentación de non conformidades e problemas, conseguindo deste xeito unha clientela con máis alto grao de satisfacción e contribuindo asimesmo ao concepto de desenvolvemento sostible e polo tanto, desenvolvendo ao máximo as nosas prestacións de servizo tanto de calidade como medio ambiental.