• Foto 1
  • Foto 2
  • Foto 3
  • Foto 4
  • Foto 5
  • Foto 6

RUTAS

Tipos de Rutas

Ampliar

TES + BUS

O programa de Transporte Escolar compartido de Galicia, TES + BUS é un proxecto conxunto da Conxellería de Educación e Ordenación Universitaria, co obxectivo da promoción do transporte público colectivo en zonas de carácter rural.

A actuación TES + BUS consiste na utilización mixta dos servizos de transporte escolar público, de tal xeito que calquera cidadán das zonas onde se implanta poderá utilizar para os seus desprazamentos as rutas destes servizos.


O obxectivo do TES + BUS é facilitar os desprazamentos da poboación de zonas con escasos servizos de transporte público de xeito que, aproveitando o percorrido dos autobuses escolares, os habitantes dos lugares polos que estes discorren poidan acceder ás cabeceiras dos concellos onde, xunto cos centros escolares, normalmente se atopan os servizos básicos tanto administrativos, como sanitarios, bancarios. etc.


¿En que datas funcionará o TES + BUS?

- O funcionamento do TES + BUS coincidirá cos días e horarios nos que se realice o transporte escolar en cada un dos cursos escolares


¿Cal é o prezo do TES + BUS?

- Os cidadáns que utilicen os servizos do TES + BUS aboarán 1 Euro por cada viaxe que realicen.


¿Que normas se aplican no TES + BUS?

- No TES + BUS implantaranse unhas normas que rexerán na utilización conxunta dos servizos de transporte escolar, e que, en todo caso, primarán a súa utilización polos escolares.

- Viaxará unha persoa acompañante e adulta, que será a que regule a orde no autobús.

- Os usuarios poderán subir en calquera das paradas da ruta escolar.

- Os usuarios poderán baixar en calquera das paradas da ruta escolar ou ao chegar ao centro educativo.

- Non se poderá subir con vultos, que, a xuizo da persoa acompañante, poidan entorpecer o paso.